Gravador de actividades deportivas que respecta a túa privacidade. As actividades deportivas e ao aire libre proporcionanche felicidade, destreza e confianza. Dalle valor á túa saúde facendo un seguimento dos teus adestramentos. Grava mentras saes a correr ou camiñar, e será un ciclocomputador cunha pantalla máis grande e clara. Marca as localizacións interesantes na ruta podendo engadir unha imaxe. Garda un rexistro das túas estatísticas con gran detalle e análise. Comparte só os datos que outras persoas poden ver. * Anuncios por voz. * Soporte para sensores Bluetooth LE: de frecuencia cardíaca, velocidade e distancia (ciclismo), cadencia (ciclismo), e de potencia (ciclismo). * Gañancia e perda de altitude: a través do sensor barométrico. * Altitude mostrada en EGM2008 (sobre o nivel do mar); exportada como WGS84. * Exporta os datos como rutas tanto como KMZ (inclúe fotos), KML, ou GPX. * Non precisa conexión a internet ou permisos extra. * Decorado escuro, claro, ou seguindo os axustes do sistema. * Sen publicidade. Software Libre / Free Software / Open Source significa que podes usar, estudar, cambiar e compartir o código fonte. Licenza Apache 2.0